Seguridade navegador
Algúns servizos poden requirir funcións de seguridade, como a banca ou compras en
liña. Para levar a cabo estas conexións precisa certificados de seguridade e
posiblemente un módulo de seguridade, que pode estar dispoñible na súa tarxeta SIM.
Para obter máis información, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.
Para ver ou cambiar a configuración dos módulos de seguridade, ou ver unha lista de
autoridades ou certificados de usuario descargados ao seu teléfono, seleccione Menú >
Axustes > Seguridade > Axus. mód. segurid., Certificad. autoridade, ou
Certificados usuario.
Importante: Aínda que o uso de certificados reduce considerablemente os riscos
relacionados coas conexións remotas e as instalacións de software, cómpre utilizalos
correctamente para beneficiarse do aumento da seguridade. A existencia dun
certificado non ofrece protección por si mesmo. O administrador do certificado debe
dispoñer de certificados correctos, auténticos ou fiables para poder aumentar a
seguridade. Os certificados teñen data de caducidade. Se se amosa "Certificado
Web
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
50
caducado" ou "O certificado non é válido", incluso no caso de que o certificado debera
ser válido, comprobe que a hora e a data do dispositivo son correctas.
17. Servizos SIM
A súa tarxeta SIM pode proporcionalle servizos adicionais. Pode acceder a este menú só
se o admite a súa tarxeta SIM. O nome e os contidos do menú dependen dos servizos
dispoñibles.
Para amosar as mensaxes de confirmación enviadas entre o seu teléfono e a rede cando
usa servizos SIM, seleccione Menú > Axustes > Teléfono > Confirm. accións SIM
Acceder a estes servizos pode implicar mensaxes o facer unha chamada de teléfono pola
que se lle pode cobrar.