Servizos adicionais
Pode actualizar a función Mapas cunha navegación con total orientación vocal, que
precisa unha licenza rexional. Para usar este servizo, necesita un dispositivo compatible
externo GPS que admita tecnoloxía sen fíos Bluetooth.
Para comprar o servizo de navegación con orientación vocal, seleccione Menú >
Organizador > Mapas > Servizos extra > Mercar navegación, e siga as instrucións.
Para usar navegación con orientación vocal, debe permitir que a aplicación Mapas use
a conexión á rede.
A licenza de navegación está conectada á súa tarxeta SIM. Se insire outra tarxeta no seu
móbil, pediráselle que compre outra licenza ao comezar a navegar. Durante o proceso
de compra, ofreceráselle transferir unha licenza de navegación xa existente á nova
tarxeta SIM sen custo adicional.