Cronómetro
Pode medir o tempo, obter tempos intermedios ou tempos de cada volta usando o
cronómetro.
Seleccione Menú > Organizador > Cronómetro e das seguintes opcións:
● Dividir horario — para obter tempos intermedios. Para reiniciar o tempo sen
gardalo, seleccione Opcións > Restablecer.
● Tempos parciais — para obter tempos de cada volta
● Continuar — para ver o tempo que axustou no fondo
● Amosar última — para ver o tempo medido máis recente se non se reinicia o
cronómetro
● Ver horas ou Borrar tempos — para ver ou borrar os tempos gardados
Para axustar o tempo de conta atrás de fondo, prema a tecla rematar.
15. Aplicacións
O seu móbil pode ter instalados algúns xogos e algunhas aplicacións. Estes arquivos
gárdanse na memoria do teléfono ou nunha tarxeta de memoria, e poden clasificarse
en carpetas.
Vexa "Tarxeta de memoria", p. 39.
Executar unha aplicación
Seleccione Menú > Aplicacións > Xogos, Tarxeta de memoria, ou Colección.
Desprácese ata un xogo ou unha aplicación e seleccione Abrir.
Para obter sons, luces e vibracións para un xogo, seleccione Menú > Aplicacións >
Opcións > Axustes aplicación.
Outras opción dispoñibles inclúen:
● Actualizar versión — para comprobar se existe unha nova versión dispoñible da
aplicación para descargar da web (servizo de rede)
● Páxina web — para fornecer máis información ou datos adicionais para a aplicación
desde unha páxina de Internet (servizo de rede), se está dispoñible