Navegación polos menús
O teléfono ofrécelle unha extensa variedade de funcións agrupadas en menús.
1. Para acceder ao menú, seleccione Menú.
2. Desprácese polo menú e seleccione unha opción (por exemplo, Axustes).
3. Se o menú seleccionado contén máis submenús, seleccione un (por exemplo,
Chamadas).
4. Se o menú seleccionado contén máis submenús, repita o paso 3.
Introdución
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
18
5. Seleccione a configuración da súa elección.
6. Para volver ao nivel de menú previo, seleccione Atrás.
Para saír do menú, seleccione Saír.
Para cambiar a vista do menú, seleccione Opcións > Vista menú ppal. > Lista,
Cuadrícula, Cuadrícula etiquetas ou Pestana.
Para reorganizar o menú, desprácese ata o menú que queira mover e seleccione
Opcións > Organizar > Mover. Desprácese ata onde queira mover o menú e
seleccione Aceptar. Para gardar o cambio, seleccione Feito > Si.