Cargar a batería
A súa batería xa se cargou, pero os niveles de carga poden variar.
1. Conecte o cargador a un enchufe na parede.
2. Conecte o cargador ao dispositivo.
3. Cando a batería estea completamente cargada,
desconecte primeiro o cargador do dispositivo e logo o
enchufe da parede.
Se a batería está totalmente descargada, o indicador de carga
pode demorar uns minutos en aparecer na pantalla ou antes
de poder facer unha chamada.
Introdución
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
13
O tempo de carga depende do cargador usado. Cargar unha batería BL-4S co cargador
AC-3 leva aproximadamente 3 horas co teléfono en modo de espera.