Xestión dos dereitos dixitais
É posible que os propietarios de contidos utilicen diferentes tipos de tecnoloxías de
xestión de dereitos dixitais (DRM) para protexer a súa propiedade intelectual, incluídos
os dereitos de autor. Este dispositivo utiliza varios tipos de software DRM para acceder
a contido protexido mediante DRM. Con este dispositivo poderá acceder a contidos
protexidos con WMDRM 10, OMA DRM 1.0, bloqueo de reenvío OMA DRM 1.0, e OMA DRM
2.0. Se un determinado software DRM non protexe o contido, é posible que os
propietarios do contido soliciten que se anule a capacidade do mencionado software
de acceder a novos contidos protexidos mediante DRM. Esta anulación pode tamén
impedir a renovación do contido protexido que xa se atope no dispositivo, mediante
DRM. Esta anulación non afectará ó uso de contido protexido con outros tipos de DRM
ou ó uso de contido non protexido mediante DRM.
Os contidos protexidos mediante xestión dos dereitos dixitais (DRM) subminístranse
cunha clave de activación asociada que define os seus dereitos para utilizar o contido.
Se o seu dispositivo dispón de contido protexido mediante OMA DRM, para facer unha
copia de seguridade das claves de activación e do contido, utilice a función de copia de
seguridade de Nokia PC Suite. É posible que outros métodos de transferencia non
transfiran as claves de activación que é necesario recuperar co contido para que poida
continuar utilizando o contido protexido mediante OMA DRM despois de formatar a
memoria do dispositivo. Tamén é posible que necesite recuperar as claves de activación
en caso de que se danen os ficheiros do dispositivo.
Información xeral
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
11
Se o dispositivo dispón de contido protexido mediante WMDRM, as claves de activación
e o contido perderanse se formata a memoria do dispositivo. Tamén é posible que perda
as claves de activación e o contido se se danan os ficheiros do dispositivo. A perda das
claves de activación ou do contido pode limitar a súa capacidade para utilizar o mesmo
contido no seu dispositivo de novo. Para obter máis información, póñase en contacto
co seu fornecedor de servizos.
2. Introdución
Instalar a tarxeta SIM e a batería
Apague sempre o dispositivo e desconecte o cargador antes de extraer a batería.
Este teléfono débese usar só cunha batería BL-4S. Utilice sempre baterías orixinais
Nokia.
Vexa "Instrucións de autenticación das baterías de Nokia", p. 53.
A tarxeta SIM e os seus contactos poden danarse facilmente ao raiala ou dobrala, polo
que debe ter coidado cando manipule, insira ou retire a tarxeta.
1. Prema o botón de liberar para
levantar a tapa posterior e
quitala. Retire a batería.
2. Abra o soporte da tarxeta SIM e
insira a tarxeta SIM coa
superficie de contacto cara
abaixo no soporte da tarxeta.
Peche o soporte da tarxeta SIM.
3. Observe os contactos da batería
e insíraa. Volva colocar a tapa da
batería.