Servizo de configuración de parámetros
Para usar algúns dos servizos de rede, como os servizos de internet móbil, o servizo de
mensaxes multimedia (MMS), mensaxes de audio Nokia Xpress, ou sincronización con
servidor de internet remoto, o teléfono debe estar correctamente configurado. Se
desexa máis información sobre a dispoñibilidade, contacte co seu fornecedor de servizo
ou seu distribuidor Nokia autorizado máis próximo, ou visite a área de axuda da web
de Nokia.
Vexa "Axuda Nokia", p. 11.
Cando recibe os axustes como mensaxe de configuración e os axustes non se gardan e
activan automaticamente, amosaraseAxustes de configuración recibidos.
Para gardar a configuración, seleccione Amosar > Gardar. Se é preciso, insira o código
PIN subministrado polo fornecedor de servizo.