Chamadas de emerxencia
Importante: Este dispositivo funciona con sinais de radio, redes inalámbricas,
redes terrestres e funcións programadas polo usuario. Se o dispositivo admite
chamadas de voz a través da Internet (chamadas de Internet), active as chamadas de
Internet e o teléfono móbil. O dispositivo intentará efectuar as chamadas de emerxencia
a través das redes móbiles e do fornecedor de chamadas de Internet se se atopan
activadas ámbolos dous. Non se pode garantir que a conexión funcione en tódalas
condicións. Nunca dependa unicamente dun dispositivo móbil para efectuar
comunicacións importantes, coma urxencias médicas.
Información adicional de seguridade
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
57
Para efectuar chamadas de emerxencia, faga o seguinte:
1. Se o dispositivo está apagado, acéndao. Comprobe que a intensidade do sinal é a
axeitada. En función do dispositivo, é posible que tamén necesite realizar o seguinte:
● Insira unha tarxeta SIM se o dispositivo a utiliza
● Elimine as restricións das chamadas que estean activadas no dispositivo.
● Cambie o perfil Desconectado ou Voo a un perfil activo.
2. Prema a tecla Finalizar as veces necesarias para borrar a pantalla e preparar o
dispositivo para chamadas.
3. Insira o número de emerxencia da localidade na que se atope. Os números de
emerxencia poden variar en cada localidade.
4. Prema a tecla Chamar.
Cando realice unha chamada de emerxencia, facilite toda a información necesaria do
xeito máis preciso posible. É posible que o seu dispositivo inalámbrico sexa o único
medio de comunicación na escena dun accidente. Non finalice a chamada ata que reciba
permiso para facelo.