Nokia 7610 Supernova - Tarxeta de memoria

background image

Tarxeta de memoria

Use unha tarxeta de memoria para gardar os seus arquivos multimedia, como

videoclips, música, arquivos de son, imaxes e datos das mensaxes.
Algunhas das carpetas en Galería con contido que usa o teléfono (por exemplo,

Temas) pode gardarse na tarxeta de memoria.

Formatear a tarxeta de memoria

Algunhas tarxetas de memoria fornecidas xa están preformateadas, e outras precisan

formateado. Ao formatear unha tarxeta de memoria, perderase toda a información da

tarxeta.

Menú operador

© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.

39

background image

1. Para formatear unha tarxeta de memoria, seleccione Menú > Galería ou

Aplicacións, a carpeta da tarxeta de memoria

, e Opcións > Format. tarx.

memo > Si.

2. Tras completarse o formateado, escriba un nome para a tarxeta de memoria.

Bloquear a tarxeta de memoria

Para establecer un contrasinal (máximo 8 caracteres) para bloquear a súa tarxeta de

memoria contra un uso non autorizado, seleccione a carpeta da tarxeta de memoria

e Opcións > Fixar contrasinal.

O contrasinal gárdase no teléfono e non deberá escribilo novamente mentres use a

tarxeta de memoria no mesmo teléfono. Se desexa utilizar a tarxeta de memoria noutro

dispositivo, deberá escribir o contrasinal.
Para eliminar o contrasinal, seleccione Opcións > Borrar contrasinal.

Comprobar consumo de memoria

Para comprobar o consumo de memoria de diferentes grupos de datos

e

Opcións > Detalles.

13. Soportes

Cámara e vídeo

Tire fotos e grave videoclips coa cámara integrada.

Tirar unha foto

Para usar a función fotografía, prema a tecla de cámara ou desprácese á dereita ou á

esquerda se está activada a función vídeo.
Para aumentar ou diminuír o zoom no modo cámara, desprácese para arriba ou para

abaixo ou prema as teclas de volume.
Para tirar unha foto, prema a tecla de cámara. O teléfono garda as fotos na tarxeta de

memoria, se está dispoñible, ou na memoria do teléfono.
Seleccione Opcións > Flash > Flash activado para tirar todas as fotos co flash da

cámara; ou Automático para activar o flash automaticamente en condicións de luz

atenuada. Manteña unha distancia de seguridade cando utilice o flash. Non utilice o

flash para tomar imaxes de persoas ou animais situados a pouca distancia. Non cubra

o flash durante a toma de imaxes.
Para amosar unha foto inmediatamente despois de tirala, seleccione Opcións >

Axustes > Hora vista prev. imx. e o tempo de previsualización. Durante o tempo de

previsualización, seleccione Atrás para tirar outra foto, ou Enviar para enviar a foto

como mensaxe multimedia.
O dispositivo admite unha resolución de captura de imaxes de 2048x1536 píxeles .