Enviar mensaxes
Envío de mensaxe
Para enviar unha mensaxe, seleccione Enviar. O teléfono garda a mensaxe na carpeta
Caixa de saída e comeza o envío.
Nota: O texto ou a icona de mensaxe enviada que aparece na pantalla do
dispositivo non indican se se recibiu a mensaxe no destino desexado.
Se se interrompe o envío da mensaxe, o teléfono intenta reenviar a mensaxe varias
veces. Se fallan estes intentos, a mensaxe queda na carpeta Caixa de saída. Para
cancelar o envío de mensaxes na carpeta Caixa de saída, seleccione Opcións >
Cancelar envío.
Para gardar as mensaxes enviadas na carpeta Elemen. enviad., seleccione Menú >
Mensaxes > Axustes mensaxe > Axustes xerais > Gardar men. enviad..
Enviar mensaxes
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
24
Organice as súas mensaxes
O teléfono garda as mensaxes recibidas na carpeta Caixa de entrada. Organice as súas
mensaxes na carpeta de elementos gardados.
Para engadir, renomear ou borrar unha carpeta, seleccione Menú > Mensaxes >
Elementos gard. > Opcións.