Correo
Acceda á súa conta de correo POP3 ou IMAP4 co seu teléfono para ler, escribir e enviar
correos. Esta aplicación de correo é diferente da función de correo SMS.
Antes de poder usar o correo, debe ter unha conta de correo e os axustes correctos. Para
comprobar a dispoñibilidade e os axustes da súa conta de correo, póñase en contacto
co provedor do servizo de correo electrónico. Pode recibir os axustes de configuración
de correo como unha mensaxe de configuración.
Vexa "Servizo de configuración de
parámetros", p. 9.