Nokia 7610 Supernova - Tecnoloxía sen fíos Bluetooth

background image

Tecnoloxía sen fíos Bluetooth

A tecnoloxía Bluetooth permítelle conectar o seu teléfono mediante ondas de radio a

un teléfono compatible con Bluetooth nunha distancia de 10 metros.
O dispositivo é compatible coa especificación Bluetooth 2,0 + EDR que admite os

seguintes perfís: 2,0 + EDR acceso xenérico, acceso de rede, cambio de obxectos

xenéricos, distribución avanzada de audio, aplicación descuberta servizo, acceso a

contactos, control remoto de audio e vídeo, mans libres, auriculares, carga de obxectos,

transferencia de arquivos, conexión de acceso telefónico á rede, acceso SIM e porto

serie. Para asegurar a interoperabilidade con outros dispositivos que dispoñan de

tecnoloxía Bluetooth, utilice accesorios Nokia homologados para este modelo. Póñase

Rexistro de chamadas

© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.

30

background image

en contacto cos fabricantes dos outros dispositivos para obter información sobre a

compatibilidade con este dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth aumentan o consumo de enerxía e

reducen a duración da batería.

Configurar unha conexión Bluetooth

Seleccione Menú > Axustes > Conectividade > Bluetooth e siga os seguintes pasos:
1. Seleccione Nome do meu tlf. e escriba un nome para o seu teléfono.
2. Para activar a conectividade Bluetooth, seleccione Bluetooth > Activado. indica

que o Bluetooth está activo.

3. Para conectar o seu teléfono cun accesorio de audio, seleccione Buscar acces.

audio e o dispositivo que desexa conectar.

4. Para vincular o seu teléfono con calquera dispositivo Bluetooth próximo, seleccione

Disposit. vinculados > Engadir novo disp..
Desprácese ata un dispositivo atopado e seleccione Engadir.
Escriba o contrasinal (ata 16 caracteres) no seu teléfono e active a conexión noutro

dispositivo Bluetooth.

Se ten dúbidas sobre a seguridade, desactive a función Bluetooth ou configure Visibilid.

do meu tlf. como Oculto. Acepte comunicacións Bluetooth só daqueles nos que vostede

confía.

Conexión PC a internet
Use a tecnoloxía Bluetooth para conectar o seu PC compatible a internet sen o software

PC Suite. O seu teléfono debe ter activado un provedor de servizos que admita acceso a

internet e o seu PC ten que admitir rede de área persoal (PAN). Despois da conexión ao

servizo de punto de acceso da rede (NAP) do teléfono e sincronizar co seu PC, o teléfono

abre unha conexión de paquete de datos a internet de forma automática.