Instrucións de autenticación das baterías de Nokia
Utilice sempre baterías orixinais de Nokia pola súa seguridade. Para asegurarse de que
está a mercar unha batería orixinal de Nokia, mérquea nun distribuidor autorizado de
Nokia, e leve a cabo os seguintes pasos para comprobar se presenta a etiqueta co
holograma:
A correcta realización dos pasos indicados non garante totalmente a autenticidade da
batería. Se ten razóns para pensar que a batería non é unha batería auténtica e orixinal
de Nokia, non a utilice e envíea a un distribuidor ou ó centro de servizo técnico máis
próximo de Nokia para recibir asistencia. O distribuidor ou o centro de servizo técnico
autorizado de Nokia inspeccionará a batería para determinar a súa autenticidade. En
caso de que non sexa posible, devolva a batería ó establecemento de compra.