
Chamada
Seleccione Menú > Axustes > Chamadas e das seguintes opcións:
● Desvío de chamada — para desviar as chamadas entrantes (servizo de rede). É
probable que non consiga desviar as súas chamadas se está activa algunha das
funcións de bloqueo.
Vexa "Seguridade", p. 38.
● Calq. tecla responde — para responder a unha chamada entrante ao premer
brevemente calquera tecla, agás a tecla de acendido, as teclas de selección dereita e
esquerda ou a tecla rematar
● Rechamada autom. — para volver a marcar automaticamente o número se falla a
chamada. O teléfono intenta chamar ao número 10 veces.
● Claridade de voz — para mellorar a intelixibilidade da fala, sobre todo en ambientes
ruidosos
● Marcación rápida — para marcar os nomes e números de teléfonos asignados ás
teclas numéricas (2 a 9) ao manter premida a tecla numérica correspondente
● Chamada en espera — para ter unha notificación da rede cando ten unha chamada
entrante mentres ten activa outra chamada (servizo de rede).
● Temporiz. chamada — Seleccione para visualizar a duración da chamada en
progreso
● Resumo tras chamad. — para visualizar brevemente a duración aproximada de
cada chamada
● Envío do n.º propio — para amosar o seu número de teléfono á persoa á que está
chamando (servizo de rede). Para usar os axustes acordados co seu provedor de
servizo, seleccione Fixado pola rede.
● Liña cham. saíntes — para seleccionar a liña de teléfono para facer chamadas, se
a súa tarxeta SIM soporta múltiples liñas de teléfono (servizo de rede)
● Xest. cham. coa tapa — para responder a unha chamada abrindo a tapa e terminar
unha chamada cerrando a tapa